jueves, 30 de abril de 2015

Libro Viaxeiro: África e Hugo Prego

Aquí tedes as fotos da chegada do libro viaxeiro da man de África e Hugo Prego.

Xogos reunidos Sada

Hoxe xogamos aos xogos reunidos Sada (Oca, Bingo, dominó, lince...) coa finalidade de mellorar o traballo en grupo e coñecer máis Sada.

miércoles, 29 de abril de 2015

Libro viaxeiro e actividades na clase

O libro viaxeiro chegou das mans de Leo e María e retomou viaxe con  Hugo Prego e África.  Na clase estivemos a traballar sopas de letras de lugares de Sada e traballando a maneira de ordear as frases para construir textos e poder dar indicacións de como chegar dende o colexio ata a Casa da Cultura.



viernes, 24 de abril de 2015

jueves, 23 de abril de 2015

Libro viaxeiro: Jaime e Cristina

Jaime e Cristina compartiron con nós moitas cousas interesantes de novos lugares de Sada. Cada vez a coñecemos mellor!

A terraza

Hoxe na clase falamos do edificio máis importante de Sada,  A Terraza. Aprendimos moitas cousas sobre ela que despois pasamos a unha ficha.

Aquí tedes os resultados do noso traballo.

Traballamos as avenidas de Sada

Grazas a Google Maps e Google Earth podemos movernos polas avenidas e rúas de Sada e deste xeito coñecela un pouco mellor.

lunes, 20 de abril de 2015

Libro viaxeiro e actividade de coordenadas

O noso libro viaxeiro, neste caso da man de Cecilia e Mario, segue a traernos cousas moi interesantes de diferentes lugares de Sada. Ademáis temos que facer una actividade na casa para traballar coordandas con diferentes lugares da nosa localidade.

domingo, 19 de abril de 2015

Libro viaxeiro: Rubén e Manuel

O venres Manuel e Rubén compartiron con nós cousas moi interesantes de algúns dos seus lugares favoritos de Sada. Despois Mario e Cecilia tomaran  o seu relevo.

sábado, 18 de abril de 2015

Afundir a frota

Para conseguir que nos orientemos mellor nos mapas ensináronnos a xogar a afundir a frota. Ademáis de conseguir o obxetivo o pasamos moi, moi ben.

Recollida de información

Despois de cumprir coa tarefa que o búho Beto encargounos o que fixemos foi poñer parte de toda esa información en común.

Os mapas

Da man de Esperanza aprendimos moitas cousas sobre os mapas e sobre todo do de Sada.

martes, 14 de abril de 2015

Chegada do libro viaxeiro e segunda quenda

Hoxe chegaron a nosa clase os libros viaxeiros. Martina e Carlota contáronnos moitas cousas sobre "o Roteiro Mariñan" e a "Praia das Delicias".
O libro continúa viaxando pero agora das mans de Manuel e Rubén. Que seguro que nos contan moitas cousas.

viernes, 10 de abril de 2015

Actividade do búho Beto e libro viaxeiro.

Hoxe puxemos en marcha outra actividade que realizaremos na casa coas nosas familias para coñecer un poco máis a nosa vila. Comezamos tamén a compartir o libro viaxeiro, no que  recolleremos debuxos, anécdotas, historias... de diferentes lugares de Sada.

miércoles, 8 de abril de 2015

CAMIÑANDO POLA RÚA: Chegada da carta do búho Beto.

Hoxe pola mañá cando chegamos á clase tiñamos unha gran sorpresa, todos/as tiñamos unha carta do desaparecido búho Beto! Nela  encomendounos unha tarefa: traer os nosos enderezos.