jueves, 30 de abril de 2015
Libro Viaxeiro: África e Hugo Prego
Aquí tedes as fotos da chegada do libro viaxeiro da man de África e Hugo Prego.
Xogos reunidos Sada
Hoxe xogamos aos xogos reunidos Sada (Oca, Bingo, dominó, lince...) coa finalidade de mellorar o traballo en grupo e coñecer máis Sada.
miércoles, 29 de abril de 2015
Libro viaxeiro e actividades na clase
O libro viaxeiro chegou das mans de Leo e María e retomou viaxe con Hugo Prego e África. Na clase estivemos a traballar sopas de letras de lugares de Sada e traballando a maneira de ordear as frases para construir textos e poder dar indicacións de como chegar dende o colexio ata a Casa da Cultura.
sábado, 25 de abril de 2015
Avenidas e lugares de Sada
Pouco a pouco coñecemos mellor Sada, seguemos a traballar as súas Avenidas e tamén os lugares destacados que hai nelas.
Libro viaxeiro: Enzo e Karla
As páxinas do noso libro séguense enchendo coas aportacións que todos e todas facemos.
viernes, 24 de abril de 2015
jueves, 23 de abril de 2015
Libro viaxeiro: Jaime e Cristina
Jaime e Cristina compartiron con nós moitas cousas interesantes de novos lugares de Sada. Cada vez a coñecemos mellor!
A terraza
Hoxe na clase falamos do edificio máis importante de Sada, A Terraza. Aprendimos moitas cousas sobre ela que despois pasamos a unha ficha.
Aquí tedes os resultados do noso traballo.
Traballamos as avenidas de Sada
Grazas a Google Maps e Google Earth podemos movernos polas avenidas e rúas de Sada e deste xeito coñecela un pouco mellor.
lunes, 20 de abril de 2015
Libro viaxeiro e actividade de coordenadas
O noso libro viaxeiro, neste caso da man de Cecilia e Mario, segue a traernos cousas moi interesantes de diferentes lugares de Sada. Ademáis temos que facer una actividade na casa para traballar coordandas con diferentes lugares da nosa localidade.
domingo, 19 de abril de 2015
Libro viaxeiro: Rubén e Manuel
O venres Manuel e Rubén compartiron con nós cousas moi interesantes de algúns dos seus lugares favoritos de Sada. Despois Mario e Cecilia tomaran o seu relevo.
sábado, 18 de abril de 2015
Afundir a frota
Para conseguir que nos orientemos mellor nos mapas ensináronnos a xogar a afundir a frota. Ademáis de conseguir o obxetivo o pasamos moi, moi ben.
Recollida de información
Despois de cumprir coa tarefa que o búho Beto encargounos o que fixemos foi poñer parte de toda esa información en común.
martes, 14 de abril de 2015
Chegada do libro viaxeiro e segunda quenda
Hoxe chegaron a nosa clase os libros viaxeiros. Martina e Carlota contáronnos moitas cousas sobre "o Roteiro Mariñan" e a "Praia das Delicias".
O libro continúa viaxando pero agora das mans de Manuel e Rubén. Que seguro que nos contan moitas cousas.
O libro continúa viaxando pero agora das mans de Manuel e Rubén. Que seguro que nos contan moitas cousas.
viernes, 10 de abril de 2015
Actividade do búho Beto e libro viaxeiro.
Hoxe puxemos en marcha outra actividade que realizaremos na casa coas nosas familias para coñecer un poco máis a nosa vila. Comezamos tamén a compartir o libro viaxeiro, no que recolleremos debuxos, anécdotas, historias... de diferentes lugares de Sada.
miércoles, 8 de abril de 2015
CAMIÑANDO POLA RÚA: Chegada da carta do búho Beto.
Hoxe pola mañá cando chegamos á clase tiñamos unha gran sorpresa, todos/as tiñamos unha carta do desaparecido búho Beto! Nela encomendounos unha tarefa: traer os nosos enderezos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)